Marea de Vigo, estando totalmente dacordo con todas as accións encamiñadas a darlle un futuro digno a todas as persoas refuxiadas, nomeadamente nestes días as persoas que están no buque Aquarius, cualifica como extremadamente contraditorio que sexa precisamente Abel Caballero quen, dende a presidencia da FEMP, teña que levar a cabo a coordinación para a súa acollida, cando o percorrido do Concello que preside en materia de cooperación internacional e axuda ás persoas refuxiadas amosa unha clara deixadez e unha evidente falta de vontade.
Para a Marea de Vigo, resultou máis que evidente a falla de compromiso do goberno local, por unha banda, coas persoas refuxiadas, ao absterse na moción que presentaba o grupo municipal da Marea de Vigo xa en xaneiro do 2017, na que entre outros acordos se pedía a asunción das medidas recollidas nas demandas da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, e pola outra, coa propia cooperación internacional cando, no 2015, de xeito unilateral, o Concello de Vigo saía do Fondo Galego de Cooperación Internacional para, en teoría, levar a cabo a súa propia cooperación internacional. Dende ese momento non foron quen de levar a cabo gasto algún neste eido xa que carecían das bases legais necesarias coas que si que contaba o Fondo Galego de Cooperación Internacional, sendo o que daba o marco legal para facelo. Polo tanto, o Concello de Vigo gastou unicamente, no ano pasado, a través de dúas subvencións, 50.000 euros da partida que anteriormente era de 95.000. Nesa liña foi o acontecido co consello municipal de cooperación, consello non convocado dende fai máis dun ano, no que, curiosamente na última xuntanza, na primavera do 2017, o debate xiraba en torno á introdución de empresas privadas nos proxectos de cooperación internacional, práctica literalmente ilegal, tal e como nesa altura aclarábase por parte das ONG’s presentes. “Supoñemos que a falla de convocatoria do consello tamén se debe á nula importancia que se lle da ao mesmo, ao non querer contar co seu asesoramento” engade Jácome. “A cooperación internacional, entre moitos outros factores, tamén é parte da axuda que se debe ofrecer desde as institucións para tratar de, en grado algún, frear, diminuír, ou evitar as terribles causas que abocan á poboación a fuxir, tanto estas sexan económicas ou froito de conflitos armados (moitos deles incluso apoiados por países membros da UE).” remata Xosé Lois Jácome, concelleiro do grupo municipal da Marea de Vigo. Nota orixinalmente publicada na páxina da Marea de Vigo: http://www.mareadevigonoconcello.gal/notas-de-prensa/marea-de-vigo-sobre-idoneidade-de-abel-caballero-para-coordinacion-da-acollida-das-persoas-refuxiadas/
0 Comentarios
Dita iniciativa, froito do traballo interinstitucional, foi unha petición popular dos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán, os cales teñen varias zonas de sombra onde se chega a un tempo superior dos 40 minutos de intervención. Un novo parque de bombeiros na comarca do Val Miñor, é a iniciativa popular que Xosé Lois Jácome, da Coalición Son leva ao pleno da Deputación de Pontevedra este vindeiro venres. Jácome xustifica esta petición atendendo non só ás zonas de sombra, senón á poboación da bisbarra miñorana; case 40.000 habitantes que poden chegar a picos de poboación dos 120.000 en época estival. Galicia, apunta o deputado, “caracterízase pola súa dispersión territorial e a zona do Val Miñor supón un territorio de máis de 145 km2.”. Á masa de poboación súmaselle polígonos industriais da comarca como o Porto do Molle ou a Pasaxe. Coalición Son entende que unha comarca coma a do Val Miñor non pode continuar atendida por Grupos de Emerxencias Supramunicipais, pois estes están infradotados, e aínda que contan co apoio do parque comarcal de bombeiros de O Porriño, a situación actual da base supón que os tempos de resposta sexan superiores aos adecuados. Está demostrado polo persoal contra incendios e salvamento que dende O Porriño ata certas aldeas de Baiona poden tardar ata 45 minutos sen tráfico; Jácome advirte da recomendación europea respecto ao tempo máximo de resposta de emerxencias, que é 20 minutos e non máis do dobre. Dende a Coalición Son resaltan que actualmente varias vilas da provincia que teñen numerosas zonas de sombra non están sendo atendidas como as principais urbes; o que supón que o trato á veciñanza é de segunda “pois só hai que comparar os servizos dos que dispón o Concello de Vigo, con 21 persoas por quenda e intervencións por debaixo dos 10 minutos, algo moi lonxe de cumprir na comarca do Val Miñor con quendas de 3 persoas no parque de O Porriño e tempos de resposta que poden chegar no peor dos casos aos 45 minutos”. O venres, Xosé Lois Jácome eleva a plena a petición da comarca do Val Miñor, que solicitan á Deputación de Pontevedra o apoio á creación dun parque de bombeiros de xestión pública e directa e onde ademais integren ao actual persoal do Grupo de Emerxencias Supramunicipal da Mancomunidade. Ademais, tamén se pedirá que a Deputación inste a todos os grupos políticos do Parlamento de Galicia a que asuman dita iniciativa.
Os e as educadoras sociais de Galicia queren que se regularice xa a súa profesión. Algo que xa conseguiron levar ó Parlamento de Galicia e no que toda a oposición votou a favor, unha iniciativa que morreu polo voto contrario do Partido Popular.
Hoxe en día, a figura da Educador/a Social en Galicia e no estado español é froito da combinación de tres históricas ocupacións: as educadoras especializadas, as animadoras socioculturais e as educadoras de persoas adultas. Dita figura profesional foi ampliando a súa cobertura de acción, asumindo unha amplitude de funcións que evolucionaron e matizáronse nas últimas décadas co fin de construír unha identidade profesional da Educación social. Jácome comparte co Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galiza o obxectivo da iniciativa, pois “o papel dos e das educadoras é fundamental no ámbito dos servizos sociais nun Estado Social e Democrático de Dereito”, xa que “a súa intervención garante dereitos tan básicos para a cidadanía como son a igualdade e a xustiza social”. Dende a Coalición Son entendemos que a figura da persoa profesional da educación social atópase invisibilizada e inclusive infravalorada; cando son un dos pés fundamentais no proceso de socialización a prol dunha sociedade máis equitativa. Coa moción, búscase o apoio unánime a dita iniciativa, elaborada polo persoal do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia; onde solicitan nos acordos instar á Xunta á regularización da profesión da educación social en Galicia a través dunha Lei Galega de Profesionalización da Educación social. Así mesmo, tamén instan ó Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade a desenvolver unha Lei de Regularización da profesión de Educación Social a nivel estatal. Tamén solicitan o apoio técnico preciso para implementar as disposicións da citada lei, e así garantir a súa correcta aplicación. Aínda que dende a Coalición Son recoñecen algúns avances desta Lei, tamén é certo que “a derivación de competencias nesta materia dende a Xunta aos gobernos locais, coloca ás entidades nunha situación complexa” comentou Xosé Lois Jácome, pois “teñen que aplicar disposicións moi novidosas como o ‘sacrificio cero’ ou a prohibición de encadeamento continuado, sen dispoñer dun investimento por parta da Xunta”. Jácome tamén criticou esta lei por ser “unha desas leis que o PP aproba en solitario e sen consenso, con críticas de todos os ámbitos e con case 200 emendas ao articulado e unha á totalidade”. Para a Coalición Son, nesta materia falta moito por avanzar, porque dita lei deixa atrás ás touradas ou os équidos; así como outros campionatos de tortura e asasinato animal como o que campionato de caza de raposo que vimos de presenciar na provincia de Pontevedra a principios de mes. Libera! e a Fundación Franz Weber, aseguran que as contas do goberno autonómico só contemplan 100.000€ para actuacións relacionadas co benestar animal nos concellos. “Falamos duns míseros 319€ de media por municipio, que non chegarían nin para rescatar a un can que fora maltratado, nin tampouco para esterilizar seis gatos dunha colonia felina controlada” aseguraba o voceiro de Libera! en Galiza. Por iso, dende a Coalición Son esixiron hoxe no pleno da Deputación que a Xunta deixe de esquivar as súas competencias e cumpra a obriga de apoiar ás administracións que están a asumir as competencias en materia de abandono e maltrato contra os animais. O primeiro que sentes cando recibes a proposta de escribir sobre o “aliado feminista” é pudor. Moito pudor. Primeiro pregúntaste a ti mesmo se es ou non un aliado, e despois, se tes a sorte de vivir e traballar rodeado de feministas (das de verdade) preguntas se ten sentido que ti escribas sobre que é un aliado ou se só vas a facer o ridículo máis solemne, cousa que por outra banda tamén está moi de moda na política.
A verdade, é que as compañeiras as que preguntei tiveron cada unha a súa maneira unha resposta bastante positiva; dende “o nivel está tan baixo que non está mal que o fagas ti” (dito con cariño, espero) a “mira o que pasa nas asembleas cando falan as mulleres, non sei se es aliado, mais non es inimigo”. É verdade. O nivel é lamentable, sorprende a cantidade de compañeiros de esquerdas que se declaran, xa non machistas, senón directamente feministas e despois interrompen as mulleres que dan o paso de intervir nunha asemblea e nunca, nunca interrompen a un home. Sorprende a cantidade de compañeiros que non ven nada anormal a que a unha xuntanza de traballo acudan catorce homes e unha muller (non dou unha cifra ao azar, tiro de xuntanzas próximas no tempo) sorprende que por militar nunha organización que ten o feminismo por unha das súas bandeiras xa non sexan quen de poder ver que reproducimos os comportamentos da sociedade, unha sociedade heteropatriarcal ata a medula. Heteropatriarcal ata tal punto, que nin vemos o machismo porque forma parte de nós. Prefiro pensar que a situación é mellor nas organizacións de esquerda que na dereita ou “extremo centro”, mais a verdade, non o teño moi claro. As compañeiras feministas, fixéronme ter por costume contar ao chegar a un debate, acto ou asemblea, e agora non podo evitar facelo. Chego, séntome e conto, cantos homes? Cantas mulleres? Cantas intervencións de homes e cantas de mulleres? Cantas veces un home repetiu os argumentos doutro home só polo pracer de escoitarse e de que o escoiten? Cantas veces unha muller ao chegar a súa quenda de palabra di que por non repetir pasa o seu quenda? Moitas, a brevidade é revolucionaria e é unha calidade feminista. Cantas veces fai iso un home? Mínimas, as veces que tiven que escoitar “non vou aportar nada novo, pero...” son xa incontables e sempre, sempre, sae da boca dun home. Aos actos feministas aos que tiven a oportunidade de asistir (non os suficientes, téñoo claro) sempre hai maioría de mulleres, e sempre se repiten as mesmas caras masculinas. Sen embargo, cousas que sorprenden, nun acto recente sobre ventres de aluguer, oh sorpresa, de repente o numero de homes igualaba ao de mulleres. Claro, tomábase posición sobre un tema, e cando toca tomar decisións, alí estamos os homes. Participando e opinando, agora ben, cando toca falar de prostitución, cando toca escoitar cousas horribles como que o 30% dos homes no estado español recoñecen ser usuarios da escravitude que supón esa practica, aí non estamos e tampouco se nos espera. Decidir si, formarse para evitar caer no “sentido común” que supón a opinión maioritaria formada por un sistema que consagra a dominación de 50% da poboación, non. Iso non nos fai falta aos homes, xa militamos en formacións que se din feministas! Que máis precisamos facer? Por favor! Unha moi estimada compañeira, dicía hai pouco que “fíxenme feminista e por iso, despois, fíxenme ecoloxista e por iso, despois, fíxenme comunista”. Eu fíxenme anticapitalista e por iso, algún dia aspiro a ser aliado feminista. De momento terei que conformarme con non ser inimigo. Aspiro a seguir escoitando, a non menosprezar unha opinión por de quen veña, a continuar con esas incomodas gafas anticapitalistas as que hai que engadir unha lentes violetas porque unha cousa non pode vir sen a outra, a continuar tendo dubidas sobre se debo escribir ou non sobre “aliados” porque sei, con toda seguridade, que non teño a suficiente formación feminista, porque sei, con toda seguridade que hai un machista en min. Porque é imprescindible que teña conciencia de que eu, son machista e todos e cada un dos homes que coñezo, tamén o é. E isto non debería ofender a ningún aliado feminista, verdade? Publicada orixinalmente en contrainformación.es: https://contrainformacion.es/pudor/ Xosé Lois Jácome, presenta unha moción solicitando ao goberno provincial a inclusión de cláusulas sociais nos seus contratos “para dar un paso adiante cara a xustiza social”. A Coalición Son pretende con esta iniciativa que o goberno provincial tome cartas na situación de desigualdade na que nos atopamos hoxe en día; así como con outros factores como os lingüísticos ou os sociais.
Para Jácome, o actual modelo xeral que usa a Deputación de Pontevedra “ten como única variable a ter en conta para a adxudicación de contratos a ponderación do prezo”; mais é evidente que isto non é o que beneficia á maioría social, por iso, di “é necesario poñer por diante a cohesión social, a adaptación e contemplación de necesidades especiais e de colectivos desfavorecidos, así como a redistribución equitativa da riqueza e dos recursos dispoñíbeis”. Desta maneira, “fuxiriamos da identificación errónea que facemos tendo en conta só o prezo máis baixo; pois a oferta idónea pode que non sexa a máis barata pero si a máis comprometida socialmente” apunta o representante da Coalición Son. A moción, fai especial fincapé nas cláusulas de igualdade; apostando pola conciliación laboral, o teletraballo, o uso non sexista da linguaxe e da imaxe da muller, un porcentaxe mínimo de vítimas de violencia machista ou con diversidade funcional contratadas ou plans específicos para detectar e previr o acoso sexual. Por outra banda, tamén se resaltan as cláusulas medioambientais; Jácome propón esixir ás empresas que queiran optar a un contrato coa Deputación a que reduzan os seus residuos, que non usen produtos tóxicos ou nocivos e que fomenten o uso de tecnoloxías que favorezan o aforro e o consumo responsable. Ademais, a iniciativa tamén busca a inclusión de cláusulas lingüísticas; favorecendo o compromiso lingüístico das empresas que contraten coa Deputación; desta maneira, aplicaríase unha discriminación positiva moi necesaria nos tempos que corren para “a nosa lingua nai” concluíu Jácome. PD: Podes ver a moción aquí: https://i.gal/1omvr No pleno de hoxe, a Coalición Son presentou unha moción para que se inicie unha auditoría do servizo contra incendios e salvamento do consorcio provincial; PSOE e BNG votaron en contra dos intereses do pobo e a favor de MATINSA. O deputado da Coalición Son amosou altas discrepancias co goberno provincial, ao que tacha de hipócrita ao pertencer a partidos que abandeiran a loita da clase traballadora mentres votaban en contra da mesma e a favor de MATINSA; “hoxe na Deputación o que se defendeu foi a unha multinacional que intenta enriquecerse co privado, que ademais faino de maneira impune, pois non ten absolutamente ningunha chamada de atención por parte do goberno provincial aínda habendo indicios notorios do incumprimento de contrato”.
Jácome recordou que unha moción presentada en diferentes concellos de Pontevedra como Vilagarcía, Cambados, Cangas, Marín, Moaña e Bueu foi aprobada cos votos a favor tanto do BNG coma do PSOE; votos que semellan non valer de nada, unha práctica máis recorrente no PP; onde votan a favor nas bases e ao chegar arriba tomban a iniciativa. Para Xosé Lois Jácome, a Deputación “se erixe hoxe en representante de Matinsa e non da cidadanía da provincia de Pontevedra”; convertendo o pleno “nunha xunta de accionistas dunha multinacional chamada MATINSA”. Dende a Coalición Son destácase a diferencia de efectivos mínimos que ten o servizo público e o servizo privado; xa que mentres en Vigo teñen 21 efectivos mínimos para cubrir 300.000 habitantes, no Morrazo teñen 3 para cubrir 109.000 persoas; península na que ademais, chega a triplicarse a poboación na época estival. Por tanto, este modelo de xestión, que até hai pouco era responsabilidade de Louzán agora xa é responsabilidade do bipartito con todas as consecuencias; a nefasta xestión do servizo está agora abalada e consentida polo PSOE e o BNG. Jácome sentencia alertando do recorte en servizos básicos como é o servizo contra incendios e salvamento do consorcio provincial: “Ninguén desexa tal cousa, mais por pura probabilidade os recortes acaban causando vítimas e cando teñamos que lamentarnos, será responsabilidade do deputado delegado da área, que non escoitou as advertencias da Coalición Son nin do comité de empresa”. Son rexistra unha moción para o vindeiro pleno da Deputación de Pontevedra na que insta ó pleno da corporación ó inicio dunha auditoría do servizo contra incendios e salvamento, actualmente xestionado por MATINSA. A Coalición Son vén de rexistrar dita moción na que, ademais da auditoría, tamén solicita que se inicie de maneira inmediata a apertura do expediente de rescisión de contrato no caso de que a auditoría amosase datos negativos.
Esta moción é froito de numerosas denuncias ó longo destes anos por parte do cadro de persoal do servizo contra incendios e salvamento, que veñen sufrindo os recortes da privatización na súa quenda laboral sen que as administracións públicas competentes tomen cartas no asunto. O deputado provincial, Xosé Lois Jácome comentou que “temos na provincia de Pontevedra un servizo esencial totalmente privatizado, co perigo que supón o desmantelamento neste eido, para nós e para o cadro de persoal, que ata hai unhas semanas non tiñan nin roupa de traballo adecuada para as temperaturas que soportamos estes meses”. Jácome, tamén amosou discrepancias coa Deputación e a xerencia do consorcio provincial; pois viu de rexistrar ata catro veces unha solicitude para visitar os parques comarcais, sen que a xerencia, a empresa ou o deputado delegado da área contestasen a ditas peticións en sete meses. “É evidente que cando non nos permiten a entrada ós parques nin recoñecen incumprimento de contrato algún, algo están ocultando” apuntaba Jácome en relación ás últimas respostas recibidas por parte da Deputación respecto ó funcionamento do servizo contra incendios. Segundo o representante da Coalición Son, existen numerosos indicios de que MATINSA está a incumprir o contrato asinado na época de Louzán, comezando principalmente polas unidades específicas, das que actualmente ningunha funciona a pesar de que o contrato esixía o mantemento de todas as unidades que funcionasen ata o momento da concesión. Algo que a actual xerencia xustifica con que “non eran unidades profesionais”; mais se nos paramos a observar as infraestruturas dos parques, comprobamos que no de Ribadumia existen canceiras pagadas con cartos públicos; o que fai evidente a existencia da unidade canina, entre outras. A isto se lle suman as pésimas condicións laborais que vén carrexando o cadro de persoal, onde a propia Inspección de Traballo denunciou 19 feitos na relación laboral con MATINSA, instando á empresa a arranxar a situación de maneira inmediata. Jácome agarda que o goberno da Deputación defenda os intereses da cidadanía e do cadro de persoal votando a favor desta moción e non da empresa privada MATINSA; pois esta situación di, “non se pode soportar durante moito tempo máis”. Descarga aquí a moción: https://i.gal/znb2v A Coalición Son presentou varias emendas no seu propio nome e no nome da Asociación Libera e a Fundación Franz Weber, que rematou por retirar tras acadar un acordo inicial coa deputada delegada da área de benestar animal Xosé Lois Jácome retirou as emendas que presentara no seu propio nome e no nome da Asociación Libera e a Fundación Franz Weber tras acadar un acordo primordial coa deputada delegada da área. Dito acordo viu motivado polo compromiso do goberno provincial para incluír unha liña de axudas para as protectoras de animais da provincia de Pontevedra durante o vindeiro ano. Ditas axudas concretaranse na primeira modificación de crédito que aprobe o pleno da Deputación. Dende a Coalición Son estamos moi agradecidas ás asociacións animalistas, que nunca deixan de loitar polo benestar animal, e que colaboran asiduamente coa Coalición Son á hora de reivindicar os dereitos dos que non teñen voz. Xosé Lois Jácome, voceiro do Grupo Mixto, vén de presentar varias emendas que piden un aumento da partida no Plan Concellos do 2018; dito petición xustifícase coa diminución de gasto en partidas menos importantes como a de publicidade e promoción. Jácome apuntou que é consciente da mellora do goberno actual respecto á época Louzán, o cal fixo que a débeda en 2010 supuxera case o 100% do orzamento provincial.
Mais aínda así, criticou que o debate plenario sexa totalmente escénico, “un teatriño de cara ós medios que non deixa de ser unha falsidade”, pois o importante, apuntou “é que os orzamentos sexan factibles e verosímiles”. Jácome puntualizou que non serve de nada orzamentar se logo non se executa; e iso é ao que se lle debería dedicar espazo nos debates da institución provincial, “máis aínda se temos en conta que facendo unha estimación, no ano 2017 non se executará nin o 49% do orzamento”. Respecto ó Plan Concellos, Xosé Lois Jácome definiu a iniciativa como “interesante”, pero parécelle fundamental que a Deputación deixe de ser a que marque a prioridade dos concellos á hora de usar eses fondos e administrar os investimentos. É dicir, hai que facer unha aposta clara pola soberanía e a independencia dos concellos. A Coalición Son tamén critica as partidas de cultura, que non dá recuperado o valor do 2015 e a de deportes -un descenso do 25% que lastra a promoción e o fomento da actividade deportiva-. Por último, o voceiro do Grupo Mixto e deputado da Coalición Son, criticou a “brutal partida coa que conta a materia de publicidade e propaganda da Deputación de Pontevedra, con case un millón e medio de euros”. O deputado demostrou preocupación polo uso de tantos cartos para vender accións da institución ou para obter mellor posición mediática do goberno provincial. As emendas presentadas pola Coalición Son piden diminuír esta partida para aumentar os recursos do Plan Concellos 2018. Por último, Jácome apuntou que non entende como sendo “os dous partidos que están no goberno contrarios á existencia das deputacións gastan tanto en publicitarse”, semella que “este goberno non está facendo nada dende dentro para erradicala, máis ben todo o contrario” sentenciou. |