O deputado provincial, Xosé Lois Jácome, amosou satisfacción polos votos a favor do PSOE e BNG, pois “é unha lei que nunca tería sido aprobada nin con estes trámites nin con este contido se a correlación de forzas fose diferente”. O Pleno da Deputación de Pontevedra, a instancias da Coalición Son, vén de aprobar unha moción contraria á “Lei de Fomento de Iniciativas empresariais”, contraria ós principios de sustentabilidade e protección do medio ambiente, da paisaxe e do patrimonio cultural. Unha lei que alenta, en opinión do deputado “un modelo desigual e inxusto, que limita o dereito de participación das administracións locais e da cidadanía, así como a toma de decisións sobre proxectos empresariais de especial transcendencia económica e social.”
|