A Coalición Son denunciará no pleno o deterioro do servizo de Correos na provincia de Pontevedra6/15/2018
Mais isto non remata aquí, senón que trala aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado, vólvese recortar dito financiamento, e, ademais, o Estado xa lle endebeda á empresa postal pública máis de 250 millóns de euros. O persoal de Correos vén avisando desta traxedia anunciada dende hai tempo, e advirten que os sectores máis afectado, como soe ser neste caso son os núcleos rurais, respecto a isto Jácome alertaba que “o recorte en servizos prestados á cidadanía, especialmente en zonas rurais da provincia de Pontevedra, implica a desaparición ou o recorte do reparto domiciliario de correspondencia, peche de oficinas en zonas rurais ou de escasa poboación, redución de horarios ou a supresión de postos de traballo de ámbito rural”. Na nosa provincia, o deputado afirma que “o axuste poderá implicar 335 postos de traballo suprimidos e poboacións sen reparto regular de luns a venres, afectando a practicamente toda a veciñanza pola perda ou debilitamento do servizo postal”. Dende a Coalición Son percibimos un claro desmantelamento do servizo público de Correos; pois senón non se entende como é posible que empresas como Seur ou DHL estean operando con gran éxito sen contar coa mesma infraestrutura da que dispón Correos. Por iso, dende a Coalición Son amosaremos o noso rexeitamento no Pleno da Deputación de Pontevedra aos recortes no Servizo de Correos, onde tamén propoñemos ao pleno instar ó Goberno a corrixir o recorte que non trae máis que consecuencias claramente negativas para a veciñanza, Correos e o persoal da empresa, así como a desbloquear o Convenio Colectivo e o Acordo Funcionarial. Así mesmo, instarase ó Ministerio de Facenda á aprobación do Plan Estratéxico que permita a súa adaptación empresarial ás necesidades e á demanda da cidadanía.
Moción sobre Correos by COALICIÓN SON on Scribd
0 Comentarios
Deja una respuesta. |