COALICIÓN SON E A ASOCIACIÓN LIBERA ASEGURAN QUE A DEPUTACIÓN INCUMPRE A LEI DE BENESTAR ANIMAL.9/11/2018
A Asociación animalista Libera xunto á Coalición Son, presentan na Deputación de Pontevedra unha iniciativa para saber a razón do incumprimento por parte do goberno provincial en materia de benestar animal.
Dita iniciativa vén motivada pola denuncia de colectivos veciñais de concellos onde a xestión do servizo de recollida de animais está delegada á Mancomunidade e á súa vez no Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) dependente da Deputación de Pontevedra; este é o caso de Gondomar, onde a veciñanza desta zona denuncia que a institución provincial non presta o servizo de recollida de felinos extraviados ou abandonados, a pesar da obriga por lei a realizar dito servizo. Dende Libera aseguran que de ser así “a Deputación estaría a producir un incumprimento parcial da Lei de Benestar Animal”. Libera lembra que o artigo 4 da Lei 4/2017 refire as definicións sobre os “animais de compañía”, evidenciando que os servizos e as obrigas de recollelos cando están na vía pública non só afecta ós animais de especie canina, senón tamén a gatos e furóns. Dende a Coalición Son advirten que neste senso, se a CAAN non presta o servizo acorde coas definicións normativas “supón que existen localidades pontevedresas que incumpren a Lei, xa que delegan as súas competencias de xeito incompleto, podendo ser obxecto de sanción por parte da Xunta” asegura o deputado provincial Xosé Lois Jácome. Ante a denuncia veciñal, a Asociación Libera e a Coalición Son rexistraron unha iniciativa en forma de pregunta á Deputación de Pontevedra para coñecer se a institución provincial é consciente da obriga de recollida de animais máis ala da especie canina. Tamén se lle pregunta sobre futuras medidas ou liñas de apoio para que os concellos poidan desenvolver o servizo para felinos ou xestionar as colonias controladas, así como o motivo polo cal a Deputación non presta no CAAN o servizo completo se obtén a delegación dos concellos. Iniciativa: Gatos Caan by on Scribd
0 Comentarios
Deja una respuesta. |